O Concello destaca o éxito da Feira Franca máis « complexa » dende o punto de vista organizativo

adminON
Lectura mínima de 2

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez fixo hoxe balance da Feira Franca, unha edición que considerou  moi emocionante e das máis complexas dende o punto de vista da organización.  

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez destacou que « foi unha Feira Franca realmente emocionante ».  Lembrou ao respecto da organización que « estivemos cos nervos a flor de pel para que todo funcionase  correctísimamente. Foi, probablemente, das Feiras francas máis complexas de organizar pola noite do venres  para o sábado » cando as condicións meteorolóxicas foron moi malas « e ainda así saiu todo perfectamente ».  

« Eu considero que a mellor maneira de valorar a Feira Franca é que as cousas foron como debían ser e que  as pontevedresas e os pontevedreses non precisaron para nada da organización da Feira Franca. Puideron  gozar tanto o venres pola noite como o sábado, simplemente para disfrutar da festa, para gozar, para pasarlo  ben. Non houbo incidentes reseñabeis, e o domingo a cidade estaba perfectamente organizada para retomar  a normalidade », indicou Demetrio Gómez.  

O concelleiro agradeceu o traballo « a todo o personal do Concello, a todas as empresas de Pontevedra e de  fóra de Pontevedra que traballan connosco durante a Feira Franca e, por suposto, a todas as pontevedresas e  a todos os pontevedreses que saben saír á rua, disfrutar da festa, disfrutar da cidade, facer que Pontevedra  volva a vivir o século XV e que isto vaia como un auténtico reloxo ». 

Comparte este artigo