Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación asina un convenio co GDR Valdeorras para a execución do...

A Deputación asina un convenio co GDR Valdeorras para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística “Valdeorras ruta do viño milenaria”

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, e a presidenta do GDR Valdeorras, María del Carmen González, asinaron o convenio para coordinar a asistencia técnica e administrativa que achegará a Deputación para executar os 1,5 millóns de euros obtidos de fondos europeos

O plan permitirá un aproveitamento turístico sustentable e a posta en valor do patrimonio natural e cultural da comarca, incluíndo 17 actuacións enmarcadas nos catro eixes (transición verde e sustentable, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade) que serán executadas no período 2023-2025

Unha comisión de seguimento realizará as funcións de vixiancia, control, seguimento e resolución de cantas cuestións se susciten sobre a interpretación e aplicación do devandito convenio, e a presidencia da mesma recaerá na Deputación

O presidente provincial, Luis Menor, e a presidenta do GDR Valdeorras, María del Carmen González, asinaron un convenio de colaboración entre ambos organismos para coordinar a asistencia técnica e administrativa que achegará a Deputación para executar os 1,5 millóns de euros obtidos de fondos europeos con destino ao Plan de Sustentabilidade Turística “Valdeorras ruta do viño milenaria”, proxecto que se enmarca no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratioEU.

Este Plan potenciará o enoturismo, ademais do patrimonio natural e cultural da zona oriental da provincia, coa mellora da xestión de uso público de diferentes puntos de interese, facilitando un aproveitamento turístico sustentable.

O Plan de Sustentabilidade Turística, promovido polos municipios da comarca a través do GDR Valdeorras en convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, permitirá levar a cabo 17 actuacións enmarcadas nos catro eixes (transición verde e sustentable, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade) que serán executadas no período 2023-2025.

“Valdeorras ruta do viño milenaria” é un dos proxectos beneficiarios da II Convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino 2022, financiado integramente con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Unha comisión de seguimento realizará as funcións de vixiancia, control, seguimento e resolución de cantas cuestións se susciten sobre a interpretación e aplicación do devandito convenio, e a presidencia da mesma recaerá na Deputación.

Trala sinatura do convenio, o presidente provincial, Luis Menor destacou que a Deputación amosa, unha vez máis, “ser a gran e máis útil ferramenta no ámbito da cooperación cos concellos”, desta volta facilitando a tramitación dun investimento de máximo interese para a comarca de Valdeorras que, ademais, “entronca cunha das liñas estratéxicas deste goberno provincial como é turismo, vinculado a un sector vitivinícola en auxe”.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas