O deputado de Cultura Jorge Cubela reúnese coa editorial Galaxia para explorar vías de colaboración conxunta

adminON
Lectura mínima de 1

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo este luns no Pazo provincial unha reunión con responsables da editorial Galaxia. A reunión enmárcase na axenda de reunións que está a manter o responsable provincial da área de Cultura con entidades da provincia co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración, en especial, neste caso, ante o 75 aniversario que celebrará a editora viguesa o vindeiro ano 2025.

Comparte este artigo