Home A Paradanta A Cañiza O novo Plan +Provincia da Deputación destina este ano preto de 20...

O novo Plan +Provincia da Deputación destina este ano preto de 20 millóns de euros aos concellos da contorna de Vigo e sur da provincia

- Anuncio -

Son preto de 2 millóns de euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos no 2023

O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

Os concellos de Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Tomiño e Tui recibirán este ano preto de 20 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación, o que supón preto de 2 millóns de euros máis que os destinados pola institución provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 18 millóns. O presidente Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

No caso da contorna de Vigo e sur da provincia, os 19.814.535 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 13,8 millóns de euros a novos investimentos, 1,6 millóns de euros a gasto corrente, 3,8 millóns de euros a fomentar o emprego e preto de 500.000 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

En concreto, Arbo recibirá 511.166 euros, 57.265 euros máis que o pasado ano; Baiona 1.034.661 euros, 75.650 máis que no 2023; A Cañiza 640.724 euros, 57.609 euros máis que ano que acaba de rematar; Covelo 578.203 euros, 94.618 euros máis; Crecente beneficiarase de 492.482 euros, 75.080 euros máis; Fornelos de Montes de 469.366 euros, 60.755 euros máis; Gondomar de 1.113.740 euros, o que supón 84.857 euros máis que o ano pasado; A Guarda de 893.334 euros, 104.735 máis; Mondariz recibirá 594.897 euros, 50.554 euros máis; Mondariz-Balneario 309.181 euros, 33.661 máis que no 2023; Mos 1.086.623 euros; 82.466 euros máis; As Neves beneficiarase de 619.486 euros, 48.004 máis; Nigrán de 1.115.847 euros, 69.681 euros máis; Oia de 530.305, 46.801 euros máis; Pazos de Borbén de 472.557 euros, 40.703 máis que o pasado ano; Ponteareas recibirá 1.280.127 euros, 117.735 euros máis; O Porriño 1.098.605 euros, 72.964 euros máis; Redondela 1.246.289 euros, 80.674 máis que no 2023; O Rosal beneficiarase de 647.351 euros, 35.798 euros máis; Salceda de Caselas de 741.681 euros, 17.299 euros máis; Salvaterra de Miño de 1.170.695 euros, 283.501 euros máis; Soutomaior de 617.237 euros, con 18.639 máis que o pasado ano; Tomiño recibirá 1.387.397 euros, 113.529 euros máis e Tui 1.162.582 euros, 74.579 máis que no 2023.

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Publicacións Relacionadas