O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, na inauguración da XL Semana Galega de Filosofía

adminON
Lectura mínima de 2

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá ao acto de inauguración da XL Semana Galega de Filosofía, o encontro organizado pola Aula Castelao co que colabora a institución provincial e que xa se ten convertido “nun dos eventos máis relevantes do ano en Pontevedra e unha cita ineludible coa análise e a reflexión”. Ata este venres 5 de abril o encontro subirá ao escenario do Teatro Principal a un total de 15 poñentes “de primeiro nivel” que debaterán sobre o concepto de tempo. Trala inauguración oficial, na que Domínguez estivo acompañado polo presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón; a tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, Eva Villaverde, e a vicerreitora do campus de Pontevedra da UVigo, Eva Lantarón, a filósofa catalá Fina Birulés, foi a encargada de dar a conferencia de apertura, na que se centrou na obra e pensamento de Hannah Arendt.

O programa desta edición número corenta da Semana Galega de Filosofía conta con sesións de mañá, nas que abordará a temática deste ano desde o punto de vista filosófico e nas que haberá quendas de intervencións do público para que poidan compartir as súas reflexións e pareceres; de tarde, nas que se abordará a temática deste ano desde o ámbito galego, e de noite, momento para a divulgación. O vicepresidente provincial destacou que o encontro consigue cada ano achegar a filosofía á rúa, “e que veña a xente escoitar, reflexionar e incluso compartir as súas reflexións e pareceres”.

Comparte este artigo