O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros do Camiño Portugués a Santiago, organizado pola Asociación Europea dos Camiños de Santiago. Trátase dunha xuntanza anual, que vén desenvolvéndose en Pontevedra, na que se darán cita autoridades das diferentes localidades polas que atravesa o Camiño.