O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo de arquitectos gañador do concurso de ideas para a súa rehabilitación. A UTE formada por Estudio Carme Pinós SLP e Carles Enrich Studio SLP gañou co lema Xard1n 2.0, un proxecto que aposta por manter a tradición do edificio e que lle dá unha predominancia aos seus xardíns. A Xunta destinará máis de 17 millóns de euros ata 2026 para o proxecto de reforma integral do Pazo e a súa contorna, cunha previsión de comezar os traballos este ano e rematando en 2027.