HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na presentación da Pontevedra 4 Picos Bike e 4...

Rafa Domínguez participa na presentación da Pontevedra 4 Picos Bike e 4 Picos Road

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes na presentación da Pontevedra 4 Picos, unha das probas ciclistas de referencia da provincia e que este ano, con motivo do décimo aniversario, conta con dúas modalidades: Bike e Road que terán lugar os días 10 e 11 de maio. “Eventos como a 4 Picos non só son carreiras deportivas, son unha celebración do noso territorio, da nosa natureza e da nosa forma de entender o deporte. Desde a Deputación apoiamos estas iniciativas porque conectan directamente coa esencia de Pontevedra”, asegurou Domínguez.


O vicepresidente remarcou a aposta da institución provincial por “facer da provincia de Pontevedra o gran estadio deportivo ao aire libre de Galicia”, e probas como a 4 Picos “son un exemplo perfecto de como o territorio se transforma nun escenario de primeiro nivel para o deporte”. Tamén convidou a todos os interesados a inscribirse en ambas probas, prazo que remata este xoves 1 de maio.

Publicacións Relacionadas