HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador da Final das Series...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador da Final das Series Mundiais de Tríatlon 2026

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes nunha nova reunión do Comité Organizador da Final das Series Mundiais de Tríatlon que volverá acoller Pontevedra por segunda vez, tres anos despois da anterior, durante o próximo 2026. O vicepresidente lembrou a importancia que supón este fito tanto para a cidade como para o conxunto da provincia de Pontevedra, na liña do obxectivo estratéxico da institución provincial de situar as Rías Baixas como o maior estadio deportivo do mundo. Rafa Domínguez tamén volveu incidir na importancia de colaborar co Concello de Pontevedra para garantir que a Boa Vila siga consolidándose como un referente mundial no eido do deporte.

Publicacións Relacionadas