O presidente da Comisión de Economía e Facenda e concelleiro, Raimundo González anunciou esta mañá que a modificación de crédito de 28,8 millóns de euros que se debatirá o vindeiro luns, 23 de xuño, conta co apoio dos grupos municipais do BNG e do PSOE, e o voto en contra do PP “sen dicir absolutamente nada. O único que manifestou foi o sentido do voto”, indicou González Carballo.
O concelleiro explicou que “o Partido Popular recorta na Deputación a súa achega ao Concello de Pontevedra no tríatlon xa que o ano anterior puxo 500.000 euros e este ano baixa a 100.000 euros, é dicir, unha baixada do 80%. Curiosamente recollíamos (na modificación de crédito) esas baixas de financiación por parte da Deputación, e vota en contra. É dicir, por un lado recorta e por outro lado vota en contra. En síntesis, é como o can do Hortelano, nin come nin deixa comer”.