HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez sinala o Río Verbena Fest como un dos eventos que...

Rafa Domínguez sinala o Río Verbena Fest como un dos eventos que converten a Pontevedra na capital cultural de Galicia

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, definiu este mércores o Río Verbena Fest como “un festival que esta fin de semana porá a cidade de Pontevedra no foco como capital cultural, consolidándose da man doutros eventos de grande éxito como a Bienal de Pontevedra”. Durante a presentación do festival, realizada no emprazamento do festival no Recinto Feiral de Pontevedra, o vicepresidente lembrou que o Río Verbena Fest conta co apoio da institución provincial “dentro da nosa política para impulsar o crecemento do tecido cultural da cidade e da provincia, co obxectivo de xerar oportunidades para artistas, creadores, entidades e o público, e que así a cultura se afiance como un motor real de desenvolvemento”.

Río Verbana Fest celebrarase os días 22 e 23 de agosto coa presenza de artistas como Coque Malla, Andrés Suárez, Loquillo, Xoel López, Nil Moliner, Álvaro de Luna ou Carlos Sadness, “sen esquecer talento pontevedrés como o de Javier Lago ou os concertos gratuítos das Sesións Verbeneiras que se celebrarán desde hoxe mesmo na Praza de Méndez Núñez”, lembrou Domínguez, que garantiu “o apoio incondicional da Deputación a todas as iniciativas que poñen a provincia no mapa, e neste caso ademais da man de referentes da industria cultural galega que son unha garantía de éxito”. Ademais, no festival estará dispoñible un stand informativo sobre a Bienal onde se lle proporcionará ao público información e folletos da mostra.

Publicacións Relacionadas