O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na graduación do alumnado de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. Durante a súa intervención destacou que o futuro da provincia constrúese apostando polo talento, o coñecemento e a colaboración entre universidade, empresa e institucións, para que a innovación se traduza en máis oportunidades e calidade de vida. Ademais puxo en valor unha titulación que resulta especialmente estratéxica para un territorio como Lugo, onde a innovación nos procesos produtivos resulta clave para gañar en competitividade, xerar emprego cualificado e avanzar cara un modelo económico máis sostible.

