Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta colabora co concello do Cervo na mellora das pistas de...

A Xunta colabora co concello do Cervo na mellora das pistas de padel no Campo de Futbol da Veiga

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias as melloras levadas a cabo no concello ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

― O Goberno galego financia a través desta orde a creación ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación de equipamento

― O Concello de Cervo recibiu nos últimos anos máis de 1,5M euros das diferentes liñas de axudas Vicepresidencia Primeira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares as obras realizadas nas pistas de padel no campo de fútbol da Veiga, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, cun orzamento de preto de 40.000 euros.


Natalia Prieto explicou que o proxecto consistiu na cuberta e cerramento de pistas de pádel no campo de fútbol municipal da Veiga, polo cal estas pistas, moi demandadas na actualidade, poderán utilizarse todos os días do ano.


A Xunta financiou estes traballos no marco da Orde de infraestruturas de uso público, coa que apoia as iniciativas dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.Na convocatoria deste ano, o Goberno galego mantén o orzamento de 4 millóns de euros que destinou o ano pasado a esta liña de axudas, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros respecto do orzamento do 2019.

O Concello de Cervo recibiu nos últimos anos máis de 1,5M euros das diferentes liñas de axudas Vicepresidencia Primeira. Tanto a través da Orde de Infraestruturas de uso público para pavimentación dos accesos ao polideportivo de Rúa, remodelación integral de rúa da Fonte, rehabilitación do ximnasio municipal anexo ás instalacións da piscina do concello; e mediante o Fondo de Compensación Ambiental, na mellora da recollida selectiva de lixo, na renovación de redes de abastecemento de auga potable,así como na adquisición de vehículos con equipamento especial destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

Publicacións Relacionadas