Free Porn
xbporn
Home Lugo A peme lucense Jamones González recibe o apoio para a internacionalización dunha...

A peme lucense Jamones González recibe o apoio para a internacionalización dunha liña de produto innovadora a través do programa “Galicia Avanza”

- Anuncio -

— Representantes da Xunta de Galicia e do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) visitaron esta mañá esta empresa do sector da alimentación para visibilizar as compañías seleccionadas na aceleradora de internacionalización de innovación ‘Galicia Avanza’

— As 30 empresas seleccionadas -5 da provincia de Lugo- que pertencen a sectores tan diversos como o turismo, a saúde, a enerxía, TIC, alimentación, automoción ou aeroespacial, facturaron máis de 100M€ nos últimos dous anos e dan emprego a máis de 470 persoas

A directora da Axencia Galega Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e o director xeral da Tecnópole, Javier Taibo, visitaron esta mañá a peme lucense Jamones González, seleccionada xunto a outras 29 empresas galegas para participar na aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza. Este novo programa de aceleración, posto en marcha este ano pola Vicepresidencia primeira e a consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ten como obxectivo que solucións innovadoras galegas se posicionen e vendan no mercado exterior no menor prazo posible.

Con esta iniciativa perséguese reforzar a consolidación das pemes galegas no mercado internacional contribuíndo así á xeración de riqueza, creación de emprego e progreso económico en base á innovación como factor de competitividade.

O esforzo da empresa Jamones González, dedicada á elaboración de produtos derivados do porcino e que conta con varios selos de calidade, entre eles o de Galicia Calidade, é un exemplo por situar a súa liña de produto ecolóxico sen aditivos no mercado europeo, iniciativa para a que conta ademais co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para desenvolver un proxecto de I+D+i para a elaboración de embutidos e xamóns de porco celta sen aditivos.

Coa súa participación en Galicia Avanza, pretende achegar a súa liña de produto eco a mercados europeos como Dinamarca, Alemaña, Francia e Portugal. Ademais, prevé crear un departamento de exportación, investir en márketing internacional, facer unha análise do potencial de internacionalización doutros produtos, recibir apoio na elección dos mercados e buscar canles de comercialización e promoción.

Resolución de Galicia Avanza
A primeira convocatoria de Galicia Avanza recibiu 42 solicitudes de participación, das que foron seleccionadas 30 -5 da provincia de Lugo-. As pemes seleccionadas pertencen a sectores moi diversos como o turismo, o alimentario, a biotecnoloxía, a saúde, a enerxía, o TIC, a automoción ou o aeroespacial. Estas 30 empresas facturaron máis de 100 millóns de euros no período 2020-2021 e dan emprego a máis de 470 persoas.

Entre as solucións innovadoras escollidas atópanse, por exemplo: unha copa menstrual elaborada con silicona platino, mobiliario e outros produtos de deseño fabricados con plástico reciclado, unha empresa do eido aeroespacial dedicada ao desenvolvemento e fabricación de pequenos satélites que busca posicionarse como provedor de referencia na subministración de misións completas, unha firma que comercializa un módulo de vivenda a partir de contedores marítimos destinado principalmente a campings, ata unha empresa dedicada ao desenvolvemento e comercialización de produtos biolóxicos para o control de pragas e enfermidades no ámbito agroforestal.

No eido turístico hai unha axencia especializada na venda de cruceiros turísticos que busca comercializar internacionalmente unha serie de experiencias locais vencelladas á identidade marítima da Coruña e As Mariñas, unha empresa dedicada á comercialización online de estadías en spas, así como unha firma que avanza na xestión do check-in automático en hoteis.

Do sector alimentario seleccionouse, ademais de Jamones González, unha empresa que fabrica e comercializa embutido 100% vexetal sen cereais e sen conservación en frío, unha compañía biotecnolóxica que busca introducir a quimosina para o callado do leite, unha bodega que quere afianzar a internacionalización do seu viño albariño ecolóxico, ou un sistema capaz de analizar as claves para garantir o éxito sensorial dos produtos agroalimentarios.

No eido da biotecnoloxía, apoiarase unha plataforma para o procesado automático de neuroimaxes asistido por Intelixencia Artificial; unha empresa que obtén e comercializa biotoxinas mariñas con interese para as industrias agroalimentaria, téxtil e cosmética; unha firma que busca aproveitar o auxe internacional da cosmética natural e ecolóxica mediante un aceite ozonizado con propiedades antisépticas, antioxidantes, cicatrizantes e rexenerantes que eles mesmos producen.

No campo da saúde, seleccionouse unha ferramenta para a dixitalización do servizo de alimentación en hospitais e residencias, unha plataforma que optimiza o proceso de asignación e planificación dos pacientes e recursos das unidades de radioterapia oncolóxica, ademais dun software de análise de datos para a súa aplicación nas primeiras fases de descubrimento de fármacos.

Varias das propostas céntranse no ámbito enerxético, como un sistema de monitorización de redes de distribución eléctrica de media e baixa tensión; unha empresa que desenvolve, fabrica e comercializa innovadores dispositivos de acumulación, xestión e transformación de enerxía portátiles para os sectores aeronáutico e industrial; e unha empresa de servizos asociados a parques eólicos e aeroxeradores.

O sector TIC está presente a través dunha oficina virtual de atención cidadá, unha plataforma baseada en tecnoloxía WebRTC que permite a operadoras e grandes empresas crear casos de uso personalizados extendendo as redes de comunicación VoIP a calquera dispositivo que teña conexión a internet, ou unha ferramenta que axuda á toma de decisións con utilidade para a análise e avaliación de políticas locais e rexionais.

Folla de ruta personalizada con cada empresa
Durante un período de 8 meses, cada unha destas empresas accederá a un itinerario personalizado en eidos como o estudo de mercado, a estratexia de márketing, a adaptación dos produtos e servizos, o deseño e rexistro de marcas e certificacións ou a estratexia de acceso ao mercado. Ademais, recibirán titorización e asesoramento, así como capacitación e formación especializada.

Esta nova aceleradora forma parte do conxunto de iniciativas de apoio ao emprendemento innovador e ao crecemento a través da innovación impulsadas pola Xunta de Galicia. Ademais, súmase a outras dúas iniciativas neste eido executadas en colaboración con Tecnópole: o programa Agrobiotech Innovación e Connect-19, que apoiaron en conxunto 41 pemes.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Publicacións Relacionadas