Home Lugo A Mariña Occidental BNG apostou con ilusión e esperanza por un cambio no goberno de...

BNG apostou con ilusión e esperanza por un cambio no goberno de esquerdas, que PSOE e Por Viveiro non aceptaron

- Anuncio -

O BNG de Viveiro tratou de lograr un cambio de goberno “de esquerdas e ilusionante” que Por Viveiro e PSOE non aceptaron

O BNG de Viveiro tratou até o último momento lograr o apoio para a alcaldía da súa candidata Miriam Bermúdez. “O BNG amosou ser a ilusión e a esperanza dun goberno de esquerdas en Viveiro, triplicando a nosa representación. Intentamos negociar un proxecto novo e progresista con Por Viveiro e o PSOE, pero Por Viveiro optou por manter ao goberno de María Loureiro, que perdeu a metade dos apoios e contradecindo as súas propias promesas” manifestou a candidata nacionalista. En canto á participación no goberno, Bermúdez indicou que “valoraremos en asemblea as posibilidades. Polo de agora centrámonos en pecharlle o paso a un PP que xa amosou a súa deriva á extrema dereita noutros gobernos do Estado”.

Dende o BNG manifestan que nas negociacións chegaron propostas inaceptables que demoraron a toma de decisións: “Bernardo Fraga propúxose como alcalde a media xornada de forma inamovible e innegociable ata o último momento. Evidentemente era algo inaceptable. O BNG é un proxecto en alza, serio e traballador, aberto a todas as posibilidades co resto de partidos. Pérdese unha oportunidade histórica de darlle un aire novo a Viveiro. O BNG seguirá traballando para que o cambio chegue”.

Relacionadas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

Publicacións Relacionadas