Home Lugo A Mariña Occidental Loureiro atopa por sorpresa un vial municipal que soluciona o problema da...

Loureiro atopa por sorpresa un vial municipal que soluciona o problema da Misericordia, despois de 20 anos

- Anuncio -

As numerosas insistencias do BNG e da veciñanza da Misericordia dan os seus froitos e a alcaldesa atopa, por arte de maxia e no mesmo pleno que interveu a veciñanza da Misericordia, un vial municipal que solucionaría o seu problema.

Trátase dun vial en titularidade do Concello de Viveiro que segundo dixo María Loureiro, descoñecían. “Que casualidade que en 20 anos non se soubera nada dese vial e xusto agora que intervén a veciñanza no pleno, aparece”, ironiza a voceira do BNG, Míriam Bermúdez, quen afirma que “é unha mágoa que non fose antes pola falta de transparencia desta alcaldía, pero á vez é moi bonito e gratificante axudar á veciñanza con esta xusta reivindicación”.

Míriam prosegue dicindo que “aínda así, María Loureiro enviou un escrito dando unha información que algún medio de comunicación transmiteu como veraz, mais non o é. A alcaldesa non aprobou a intervención da veciñanza, foi a propia veciñanza quen recolleu as sinaturas para poder intervir no pleno con todos os dereitos; como tampouco é verdade que se pedise desde o Concello unha modificación das normas subsidiarias e que a Xunta a denegase, pois o Concello non a solicitou en ningún momento”.

Veciñanza da Misericordia e Míriam Bermúdez, propuxeron desde o primeiro momento “solicitar unha modificación puntual das normas ubanísticas que permitiría a creación dun novo acceso que uniría esta zona da Misericordia coa rúa Cantarrana, referíndose en todo momento en que no pleno do 9 de xullo de 2009, aprobouse solicitar unha serie de modificacións nas normas que permitirían unha maior capacidade construtiva. Esa proposta do pleno elaborada polo técnico municipal, aprobouse por unanimidade e foi traslada á Xunta de Galiza quen en apenas 1 ano a facía efectiva polo que se modificaba a ordenación provisionalmente.”

Bernardo Fraga e María Loureiro pactan argumentario outra vez

A modificación das normas subsidiarias volve mostrar o plumeiro do co-goberno de María Loureiro e Bernardo Fraga, que uniron forzas unha vez máis para convencer da idea de que a modificación puntual das normas urbanísticas era algo “inviable”, segundo eles.

A pesares de rebatirlles este fraco argumento con datos e exemplos, o co-goberno PSOE-PorViveiro continuaron durante toda a sesión plenaria insistindo en que era algo “imposible” sen dar a máis mínima explicación, sen preguntar aos técnicos municipais e sen referirse nunca á Xunta de Galiza que é quen teria a última palabra. Tanto é así, que mesmo o confirmou máis tarde e neste mesmo pleno María Loureiro, afirmando que nunca solicitaran á Xunta de Galiza dita modificación das normas urbanísticas para a Misericordia, polo que tampouco puido a Xunta denegar dita solicitude.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas