Home Lugo Murás, 3ª e emocionante Etapa da 19ª Volta Ciclista a Galicia

Murás, 3ª e emocionante Etapa da 19ª Volta Ciclista a Galicia

- Anuncio -

“Unha etapa de media montaña, unha etapa para min trampa, podería decir”, afirma Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Mañá sábado 18 de setembro sae e remata no concello do Xistral lucense unha das catro desta edición da competición, que comezou onte en Ponteareas. Por diante da casa de Álvaro Pino, o ciclista galego que conquistou en 1986 a Volta a España.

“O primeiro día sae un líder que manterase seguramente na etapa de hoxe en Ponteareas, porque é unha etapa para ver como están as forzas e os equipos. Pero en Muras vai ser difícil que o líder manteña o maillot amarillo. Coido que vai cambiar”, continúa Muñiz. “A de Muras é unha etapa esixente onde pode pasar de todo. Ou o líder sae reforzado ou muda o maillot, que case seguro será o que pase mañá”.

Con inicio e saída ás 14:00 horas na Praza de Galeguidade a etapa pasa tamén por Ferreira do Valadouro, Mondoñedo e Vilaba para volver a rematar diante do concello murense. Os retos están nos altos da Xerra do Xistral como o da Gañidoira. “Falamos dunha porcentaxe importante de pendente e de varios portos de segunda categoría que poden marcar as diferencias, como As Lobeiras, San Vicente e O Viveró”.

Unha homenaxe a Guillermo Sande Covelo. O seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, ademais de Director das Voltas Ciclistas a Galicia, falecía o pasado xaneiro dun infarto. Aos 55 anos e cando estaba coa selección galega no Campionato de España de Ciclocrós. Un tremendo e inesperado mazazo que deixou en parte orfa a unha federación que levaba 25 anos traballando con él. “Dúas das etapas desta Volta, e esta de Muras é unha delas, están deseñadas por él”, lembra o actual seleccionador, “en colaboración co alcalde, Manuel Requeijo ,e o tenente de alcalde Mario Rouco. Queremos facerlle con esta Volta, que remata na Serra da Capelada de Cariño -etapa que tamén deseñou e que é espectacular-, unha merecida homenaxe”.

O ano pasado, por razóns sanitarias, non se puido pudo celebrar a Volta Ciclista galega. Así que as ganas eran moitas. “Ademais poñemos en valor un hábito tan saudable como a práctica deportiva e máis esta, que ensalza a riqueza da paisaxe, da cultura e da gastronomía. Este ano temos unha Volta cun percorrido precioso”.

Relacionadas

Ramón Villares: « Sempre en Galiza é unha obra que segue viva porque ofrece...

0
· O grande ensaio do intelectual rianxeiro é a peza destacada de febreiro do sitio web que a RAG lle dedica ao autor na...

Centros de Boimorto, Monforte de Lemos e Meaño representarán a Galicia na Fase Nacional...

0
A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta participa na entrega de premios deste certame a nivel autonómico, grazas ao que máis de 1.500...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as...

0
Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación...

Publicacións Relacionadas