A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo especial de tráfico deseñado con motivo da celebración da Carreira do Couto, unha proba integrada no circuíto “Correndo por Ourense” que organiza o Consello Municipal de Deportes. As restricións e os cortes de circulación son necesarios para garantir as marxes de seguridade esixidas por este evento deportivo. Os cortes de tráfico realizaranse de xeito progresivo:
- Ás 20.30 horas pecharase ao tráfico a rúa Dalí, no tramo comprendido entre a rúa Remedios e a rúa Ervedelo.
- Ás 21.30 horas pecharase o resto do itinerario: que inclúe as rúas Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e a rotonda cara a Antonio Puga. A carreira comezará ás 22.00 h.
Desde a mañá do sábado, estará prohibido estacionar en dúas localizacións clave para a loxística da proba:
- Rúa Dalí: na parte superior, para montar a carpa de chegada.
- Rúa Faustino Míguez: na parte inferior esquerda para instalar a carpa de avituallamento.
Vías alternativas
Para garantir a mobilidade na zona e canalizar o tráfico circundante, a Policía Local establece estas rutas alternativas:
- Desde a rúa Doctor Fleming e rúa Reza: Os vehículos desprazaranse por Portocarreiro, Fonte do Bispo, Praza do Couto, Francisco de Moure, Faustino Santalices, Simón de Monasterio, Carlos Maside, Praza Sorolla e Ervedelo (utilizando o carril en sentido centro cidade).
- Desde a rúa Ervedelo (cruce coa rotonda de San Rosendo): O tráfico desviarase cara á rúa Progreso.
- Desde a rúa Greco: O desvío realizarase por Pardo de Cela.
- Desde Bispo Lourenzo, á altura dos Xulgados: pola Ponte Lebrona, que funcionará provisionalmente en sentido cara ao centro da cidade. O tráfico desviarase na confluencia coa glorieta de Nexus.
Ademais, o tráfico canalizarase con conos na rúa Ervedelo, no tramo comprendido entre a praza Sorolla e a praza da Chave. Deste xeito, permitirase a circulación normal en sentido de entrada á cidade, compartindo este treito común cos corredores.

