A carreira popular do barrio do Vinteún, incluída no circuíto Correndo por Ourense 2025, ocasionará cortes e restricións de tráfico o domingo, 27 de abril, pola mañá.
A proba deportiva que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11.00 horas na categoría de Pitufos, ás 11.05 h para corredores e corredoras Sub10 e Sub12, ás 11.15 para Sub14 e Sub16, e ás 11.30 h para a categoría absoluta (Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster).
Sobre as 10.00 horas pecharanse ao tráfico todas as rúas polas que discorrerá a competición: Rúa Madre Soledad de la Cruz, Avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos, rúa Río Mao, rúa Bellao, Rúa Río Cobas e Rúa Río Camba. O corte de tráfico manterase ata que rematen as carreiras
O dispositivo deseñado pola Policía local de Ourense establece 4 itinerarios como vías alternativas para a circulación de vehículos:
- Avenida de Santiago: en sentido ascendente polas rúas Río Arnoia, Río Támega, Río Avia, Río Sil, Río Búbal, Río Limia e Avenida de Santiago
- Avenida de Santiago: en sentido descendente polas rúas Río Limia, Alejandro Pedrosa, Río Arnoia e Avenida de Santiago
- Río Camba, desvío pola estrada de Oira
- Rúa do Vinteún: desvío pola estrada de Barra de Miño ou pola estrada Nacional 525 a través do polígono industrial dos Coiñás