A carreira popular da Carballeira ocasionará cortes de tráfico de seis rúas do barrio o domingo pola mañá

adminON
Lectura mínima de 1

A carreira popular da Carballeira, organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, requirirá pechar ao tráfico pasado mañá, domingo, día 20 de outubro, as rúas polas que transcorre: Praza da Lexión, onde estarán a saída e a meta, rúa Castelo Ramilo, rúa do Hórreo, rúa dos Paspallás, rúa Salto do Can e rúa da Rula.

Segundo o dispositivo deseñado pola Policía Local, o corte de tráfico producirase ás 10.30 horas e continuará até que remate a carreira.

Na rúa Castelo Ramiro, o tráfico en sentido ascendente desviarase á altura da rúa Filomena Dato e en sentido descendente no Camiño do Curandeiro. Na rúa Castelo Ramiro, desviarase á altura da estrada Nacional 525 e, na rúa Salto do Can, o tráfico pecharase á altura da rúa da Rula, polo que a circulación de vehículos desviarase antes, pola Rampla de Sás e a rúa Francisco Asorey.

Servizo de autobuses

Tamén a causa da carreira, o domingo desde as 10.30 até as 14.00 h, a liña número 10 do servizo de autobuses urbanos “Cabeza de Vaca – Velle”, realizará a súa ruta nos 2 sentidos polas rúas Cabeza de Vaca, Tangaraño e Marcelo Macías.

Comparte este artigo