A carreira popular de Mariñamansa, do circuíto Correndo por Ourense, ocasionará cortes e restricións de tráfico o domingo

adminON
Lectura mínima de 1

A celebración da carreira popular de Mariñamansa, incluída no circuíto Correndo por Ourense, fará necesario realizar cortes e restricións de tráfico o vindeiro domingo, día 7 de setembro, pola mañá.

A proba, que organiza o Consello Municipal de Deportes, terá a súa saída ás 11.00 h e percorrerá as rúas Xoán Manuel Pintos, avenida do Regato,  avenida de Zamora, estrada de San Cibrao, explanada do Pazo dos Deportes Paco Paz, verea do Papón – A Farixa, rúa da Ermida e rúa Xoán Manuel Pintos.

O dispositivo de tráfico prevé o peche da rúa Xoán Manuel Pintos desde as 8.00 h. As rúas do Papón e Eduardo Pondal, xunto con todas as vías polas que discorrerá a carreira, pecharanse ás 10.30 horas. A reapertura do tráfico está prevista a partir das 13.00 horas, agás na rúa Xosé Manuel Pintos, onde será a partir das 13.30 horas, aproximadamente.

Comparte este artigo