A cidade de Ourense viviu o Nadal festivo “con máis éxito da súa historia”, asegura o alcalde, Gonzalo Jácome

adminON
Lectura mínima de 2

“Ourense cidade brillou como nunca”, afirma o rexedor, quen subliña a altísima participación do público nas diferentes actividades programadas

Gonzalo Jácome avanza que “para o ano que vén, haberá máis e mellor”

“Remata o Nadal festivo con máis exito de Ourense, colocando un novo listón organizativo do Concello”, manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ao fío da programación de actividades que se desenvolveron durante as últimas semanas: “Ourense cidade brillou como nunca nunhas datas, nas que que aos 105.000 residentes uníronsenos milleiros de ourensáns que volveron a casa polo Nadal”, destacou o rexedor, quen asegura que “foron as mellores navidades da historia de Ourense”

Para Gonzalo Jácome “foron os cidadáns, cheos de ilusión, os verdadeiros protagonistas das seguintes actividades”, entre as que cita:

  • A mellor iluminación do Nadal da historia e a máis extensa.
  • Unha multitude celebrando o día do acendido, o 5 de decembro.
  • Récord de participantes (142) no concurso de escaparates.
  • Masivo recibimento da cidade a Papa Noel cos seus renos.
  • 10 cheos consecutivos no Auditorio Municipal na programación de decembro.
  • Atraccións gratuítas ao aire libre durante 2 semanas: 2 tíovivos, 2 mininoras, 2 trens do Nadal, neve, photocalls, ramplas, xogos de destreza, parque do Nadal no Couto, poboados…
  • Bus Musical con música en vivo.
  • Hostalería con carteis de 100% de reservas
  • Cheos nos actos ao aire libre do Concello en Fin de ano e Reis (na Alameda e na Praza de Santa Eufemia).
  • E o colofón, a traca final, unha espectacular e multitudinaria Cabalgata de Reis con máis de 20.000 persoas nas rúas (infancia e maiores de toda a provincia) con 6.000 quilos de caramelos de alta gama repartidos (e onde ningún pequeno quedou sen tomar caramelos xa que eran sen glute nin lactosa)

A cidade remata así as mellores navidades da súa historia” asegurou Pérez Jácome, quen avanza que “o ano que vén, haberá máis e mellor”.

Comparte este artigo