Ourense, 21 de agosto do 2024. – O festival de saberes PEDRA, alcanza a súa IV edición coa súa proposta en torno aos saberes herdados, os creativos e os científicos depois de pasar os anos anterior por diversas sedes do rural ourensán (A Eirexa (Riós), Amiadoso (Allariz), Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), Vilardevós, Trasalba (Amoeiro), Loiro (Barbadás) e Manzaneda). Neste ano 2024 terá 4 novas sede nos concellos de Os Blancos, Baltar, Calvos de Randín e Muíños, ademais de repetir a finais de setembro en Loiro. A proposta de PEDRA, cunha perspectiva interxeracional, ecolóxica e comunitaria do que debe ser un festival, recibiu o apoio do organismo intergubernamental IBERCULTURA. Actualmente, os países membros do Consello Intergobernamental IberCultura son: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, O Salvador, Ecuador, España, México, Paraguai, Perú e Uruguai [https://iberculturaviva.org/]. Un ano máis a proposta de PEDRA incluirá obradoiros, visitas guiadas a xacementos, música e teatro consolidando unha proposta diferente no rural ourensán que leva concitado en torno a 1500 persoas por edición. Este 2024, as primeiras 4 celebración de PEDRA nos concellos da Limia, celebraranse ao rematar as xornadas de debate do CONGRESO SOPA asegurando a presenza de público local e internacional. A IV edición de PEDRA está organizada pola Bela Auria, o GEAAT e o GIDEP do Campus de Ourense e conta co financiamento, ademais de IBERCULTURA, das axudas para festivais de Xunta e Deputación. Quedades todos convidados a asistir !!!! LUNS 02 DE SETEMBRO – SANTIAGO DOS MIXTOS – CALVOS DE RANDÍN – ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() XOVES. 05 DE SETEMBRO. PAVILLÓN DEPORTIVO DE BALTAR ![]() VENRES 06 DE SETEMBRO. OS BLANCOS ![]() ![]() ![]() ![]() SÁBADO, 07 DE SETEMBRO. O VAL DO SALAS, MUÍÑOS ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() SÁBADO, 28 DE SETEMBRO. LOIRO (Barbadás). ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |