Home O Ribeiro Avión A Deputación colabora coa celebración da XVI edición da Fiesta Mexicana de...

A Deputación colabora coa celebración da XVI edición da Fiesta Mexicana de Avión

- Anuncio -

Na presentación, o vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, definiu a este evento como “a mellor festa mexicana que se celebra en España” e valorou esta “merecida homenaxe aos nosos emigrantes, que tanto fixeron pola nosa terra”

A Fiesta Mexicana de Avión arrancará ás 18,30 horas do venres 12 de agosto, cunha programación que inclúe a oferta gastronómica de catro restaurantes mexicanos, dúas bandas de mariachis ou actividades infantís

Avión volverá a converterse o venres 12 de agosto na sede da súa Fiesta Mexicana, “a mellor festa mexicana que se celebra en España“, en palabras do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, que participou esta mañá no Pazo Provincial na presentación da XVI edición da festa xunto ao alcalde deste municipio, Antonio Montero, a organizadora, Isabel Gabián, e Marcelo Quintana e Jesús Carrillo, representantes -respectivamente- dos restaurantes mexicanos Rincón Azteca do Carballiño e El Mexicano Taco Bar (A Coruña), colaboradores xunto ao Chilam Balam (Vigo) e o Mesón Mexicano (Tourón – Pontecaldelas).

Na súa intervención, Rosendo Fernández resaltou o nivel da programación da Fiesta Mexicana de Avión, organizada como cada ano polo Concello de Avión en colaboración coa Deputación. O vicepresidente primeiro situou a gastronomía como “un factor diferencial desta festa” e valorou esta “merecida homenaxe aos emigrantes, que tanto fixeron pola nosa terra”. Un punto que tamén remarcou na súa intervención o alcalde de Avión, Antonio Montero.

Pola súa banda, Isabel Gabián sinalou que esta xa é unha festa de referencia en Galicia: “Será unha ‘tardeada mexicana’, con actividades infantís e que ademais contará con dúas agrupacións de mariachis, de sete e oito compoñentes, para traer a mellor música mexicana a Avión”. Tamén destacou a variedade da gastronomía que ofertarán os catro restaurantes colaboradores. Nesta liña, Marcelo Quintana e Jesús Carrillo, como representantes de dous deles, convidaron á asistencia a un evento que arrancará ás 18,30 horas do 12 de agosto na Praza da Igrexa.

A organizadora do evento repasou os detalles dunha programación que converte a esta festa “nunha referencia absoluta en España. Non hai unha mellor festa de exaltación da cultura mexicana en España que esta”. Gabián tamén resaltou a colaboración dos “nosos maiores, do centro Alvetus, que puxeron o seu gran de area nesta festa axudando a confeccionar as piñatas mexicanas” coas que se divertirán os asistentes a festa.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas