Free Porn
xbporn
Home O Salnés Cambados Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros...

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a mellora de camiños como parte da aposta investidora da Deputación no municipio

- Anuncio -

O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron os investimentos provinciais no concello, que superan os 1,1 millóns, case 110.000 euros máis que no 2023

No encontro con López, o rexedor cambadés expresou o seu rexeitamento a solicitar fondos do +Provincia para comprar o Pazo de Montesacro, no que actualmente se atopa un Asilo  

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Cambados, Samuel Lago, un apoio de 140.000 euros para a mellora de rúas e camiños do municipio que será aprobada este venres na Xunta de Goberno como unha mostra da aposta investidora do goberno provincial neste municipio. Nunha reunión de traballo mantida este xoves no despacho presidencial entre ambos os dous dirixentes, o presidente repasou os investimentos que o organismo provincial ten previstos para este ano neste Concello do Salnés, que superan os 1,1 millóns de euros –1,04 millón do +Provincia e 87.700 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas—. Con respecto ao ano anterior, trátase dun incremento de preto de 110.000 euros.

A Deputación colabora co Concello de Cambados a través de programas como o +Provincia e o Plan de Infraestruturas Deportivas, ademais doutras iniciativas provinciais como o Servizo de Axuda no Fogar. Con respecto á liña 1 de investimentos do plan +Provincia, a Xunta de Goberno da Deputación aprobará este venres unha subvención de case 140.000 euros destinada á mellora da pavimentación de rúas e camiños municipais.

Así mesmo, foron solicitados 133.000 euros para a rehabilitación de áreas de xogo dos parques infantís de Cambados e Torrado, 103.000 euros para a renovación da carpintería exterior a tarima interior do Pazo de Torrado, 103.000 euros para ampliar a rede de saneamento en Couto de Abaixo-Castrelo, 90.000 euros para a renovación urbana da praza de As Rodas, 79.000 euros para a instalación do sistema de gravación e xestión de vídeo, 65.000 euros para a reparación das gradas do campo de fútbol de Burgáns e 60.000 euros para o acondicionamento da antiga cámara agraria.

Do mesmo xeito, no tocante á liña 2 do +Provincia de apoio ao gasto corrente, a Deputación colabora con 87.000 euros para a programación cultural, deportiva e social do Concello de Cambados. Ademais, tamén foron concedidos 200.000 euros para a contratación de 17 persoas por un período de seis meses e medio ao abeiro da liña 3 do +Provincia de fomento do emprego.

Durante o encontro, os responsables de ambas institucións avaliaron as prioridades de investimento do Concello con recursos da Deputación. Así, o rexedor cambadés expresou o seu rexeitamento a solicitar fondos do +Provincia para adquirir o Pazo de Montesacro, o inmoble no actualmente se atopa o Asilo xestionado pola congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados.

A Deputación financia o 100 % da reforma da cuberta do Pombal

Mención aparte merece o proxecto para a substitución da cuberta do pavillón polideportivo do Pombal, que será sufragada ao 100 % con fondos da Deputación. Por unha banda, coa achega de 22.000 euros con cargo ao plan +Provincia; e, pola outra, coa entrega de 87.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Dous apoios que suman os 109.000 euros do orzamento para a execución deste proxecto.

O apoio complétase coa achega de 70.000 euros do Servizo de Axuda no Fogar, dos que 41.700 corresponden a gastos de persoal e 27.600 á prestación do servizo.

Durante o encontro, o presidente Luis López, quen xa se reuniu con todos os rexedores da comarca do Salnés, reiterou a postura da Deputación de cooperación e colaboración cos concellos da provincia e tendeu a man da executivo provincial para seguir colaborando en todo o que sexa posible co Concello de Cambados para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas