A Deputación reforzará a súa cooperación co COB, profundando na colaboración coa área social do club, “a mellor da súa categoría”, sinala Menor

adminON
Lectura mínima de 2

O presidente provincial mantivo un encontro con representantes da noxa xunta directiva do Club Ourense Baloncesto, co obxectivo de reafirmar e fortalecer o histórico apoio institucional

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co novo  presidente do COB, Diego González Regueira; así como co adestrador, Moncho López Suárez e cos membros da nova xunta directiva do Club Ourense Baloncesto, Gonzalo Iglesias e Jorge Silva.

A reunión serviu para repasar a histórica colaboración que mantén a Deputación provincial “cunha entidade deportiva senlleira na nosa provincia como é o Club Orense Baloncesto”.

Tal e como avanzou Menor, “non soamente nos comprometemos a manter esa colaboración, senón que a ampliaremos na medida das nosas posibilidades”. Tamén recalcou a intención de profundar no traballo de colaboración que está a ter a institución provincial coa área social do COB, situándoa como “unha das mellores, ou quizáis a mellor área social dos clubes da súa categoría”.

O encontro de traballo tamén serviu para abordar a ansiada volta do COB á ACB, algo que no seu momento non se puido levar a cabo por motivos extra deportivos, e para o que Menor mantén que o apoio institucional da Deputación seguirá sendo firme “para satisfacer este anhelo do deporte da canasta que existe na nosa provincia”.

Comparte este artigo