A oposición rexeita a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos formulada polo alcalde

Redacción

As contas entenderanse aprobadas inicialmente se a oposición non presenta unha moción de censura no prazo dun mes

O Pleno do Concello de Ourense rexeitou hoxe, ás 12.30 horas en sesión extraordinaria e urxente, a cuestión de confianza vinculada á aprobación inicial do proxecto de orzamentos do Concello para 2026 formulada polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. A confianza foi denegada ao recibir os votos en contra dos concelleiros e das concelleiras dos grupos municipais do PP, PSdeG-PSOE e BNG (15 en total), fronte aos 9 votos a favor de DO.

Este escenario activa o procedemento recollido no artigo 197 bis da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para as cuestións de confianza vinculadas ás contas anuais. A partir de hoxe, ábrese un prazo automático dun mes para que os grupos da oposición poidan presentar unha moción de censura cun candidato alternativo á Alcaldía.

Se transcorrido o prazo dun mes, ata o 22 de xuño, os grupos da oposición non presentan unha moción de censura, ou esta se presenta pero non prospera, entenderase outorgada a confianza e aprobado inicialmente o orzamento xeral do Concello para o exercicio 2026.

Comparte este artigo