A liña 5: Outariz-Reza-Ceboliño aumenta as súas frecuencias
Pola semana, mudará o servizo termal do bus do Tren Chuchú para a liña de bus a Outariz
A liña 5, Outariz – Reza – Ceboliño, oeste-leste, que ten unha frecuencia actual cada 40 minutos, pasará a ter unha frecuencia cada 30 minutos todos os días da semana, a partir do venres, día 2 de maio.
Deste xeito, provese un servizo ás Termas cada 30 minutos dende o centro da cidade todos os días laborais do ano pero ademais, mellórase moi notablemente o servizo para os habitantes de Reza, Vistafermosa, O Couto, A Rabaza e Ceboliño. É dicir, mátanse varios paxaros dun tiro.
O primeiro autobús sairá de Outariz-Reza ás 6.45 h da mañá e ás 7.00 h dende Ceboliño.
As fins de semana tamén se mellora moito o servizo, xa que a liña 5 que actualmente dá servizo cada 80 minutos, pasará a ter un servizo cada 45 minutos os sábados, domingos e festivos. Este servizo será para os veciños das zonas antes citadas e para usuarios das termas.
Ademais, as fins de semana e festivos, haberá tamén o tren bus Chuchú, liña 19, con servizo turístico e de transporte ás termas de Outariz, pola pista vermella cada hora. Este servizo será xa desde esta fin de semana (sábado, 26 de abril).
Nun futuro próximo, sinalar que o Concello planea licitar o servizo exclusivo para ter en Ourense un tren de uso turístico exclusivamente.

