Home Ourense A Policía Local de Ourense colaborará coa nova campaña de control de...

A Policía Local de Ourense colaborará coa nova campaña de control de velocidade da DGT que se levará a cabo do 4 ao 10 de xullo

- Anuncio -

Os controis centraranse nos puntos máis perigosos, onde se concentre un maior número de accidentes ou de incumprimento de normas, ademais de novos lugares nos que se detectaron condutas neglixentes ou temerarias

O obxectivo que se persegue é unha maior concienciación social en materia de seguridade viaria e reducir a sinistralidade

Desde a implantación do límite de velocidade en 30 Km./h, en rúas dun sentido circulatorio (maio de 2021), non se produciu ningún atropelo mortal. Levar unha velocidade adecuada podería evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en sinistro de tráfico. O risco de falecemento dun peón se a velocidade do vehículo que impacta é de 30 km/h é dun 10%; se a velocidade é a 50 km/h, ese risco de falecemento elévase ao 90%. A partir de 80 km/h é practicamente imposible que un peón se salve nun atropelo.

A Lei de Seguridade Viaria e o Regulamento Xeral de Circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos. O incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros.

 O artigo 379 do Código Penal establece que “o que conducise un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en 60 quilómetros por hora en vía urbana ou en 80 quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de prisión de 3 a 6 meses ou á de multa de 6 a 12 meses e traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a 1 e ata 4 anos”.

 A Lei do Permiso por Puntos contempla a perda de entre 2 e 6 puntos por este tipo de infracción, dependendo do exceso de velocidade cometido.

A modificación do Regulamento de Circulación no que se recollen os límites de velocidade nas cidades aprobouse en Consello de Ministros o pasado 10 novembro. Para que este cambio fose coñecido pola cidadanía e para que as administracións públicas locais dispuxesen dun prazo suficiente para adaptar a sinalización e/o infraestrutura, estableceuse un prazo de 6 meses desde a publicación do Real Decreto no BOE, para a súa entrada en vigor. Por tanto, desde o 11 de maio de 2021, o límite de velocidade en vias urbanas é de:

 20 km/h en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa.

 30 km/h en vías dun único carril por sentido de circulación.

 50 km/h en vías de 2 ou máis carrís por sentido de circulación.

A Policía Local de Ourense solicita da cidadanía moita precaución ao volante, sobre todo agora que empezan os desprazamentos estivais e máxima atención á velocidade, dado que ademais dos controis desta campaña sucederanse controis aleatorios durante estes meses.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas