Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial no destino rural Ourense Termal

- Anuncio -

Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción, recollida no convenio subscrito pola Deputación, a Xunta e a Secretaría de Estado de Turismo

Trátase dun programa de formación, apoio, consultaría e asesoramento para o impulso a proxectos relacionados, directa ou indirectamente, co entorno termal e conta cun orzamento de 76.000 euros

O prazo para presentar ofertas remata o vindeiro 6 de maio ás 14.00 horas

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de iniciar o procedemento de licitación do Programa de apoio ao emprendemento e consolidación empresarial vinculado ao destino rural Ourense Termal. O prazo para presentar ofertas remata o vindeiro 6 de maio ás 14.00 horas.

Este programa está aprobado no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción, recollida no convenio suscrito pola Deputación, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Así, trátase dun programa de formación, apoio, consultaría e asesoramento para o impulso a proxectos relacionados, directa ou indirectamente, co entorno termal e cuxo orzamento ascende a 76.000 euros.

Os obxectivos desta acción baséanse en articular un programa, tanto para  emprendemento como para empresas existentes; servir de impulso para xerar un impacto económico positivo, xa sexa en termos de destinatarios, de promotores ou de impacto no medio; que teña como finalidade xerar desenvolvemento sostible; e que xere emprego de calidade nos municipios do destino rural Ourense Termal.

Xente moza e igualdade

Estes obxectivos articularanse a través do apoio a proxectos que impulsen o sector termal e o dinamismo económico do entorno; do desenvolvemento de negocios no entorno rural; do fomento á promoción do emprendemento, sobre todo entre xente moza e con maior atención aos que presenten maior risco de precariedade laboral e á muller, coa fin de acadar a igualdade efectiva de oportunidades.

O programa contempla unha primeira fase de captación e proceso de selección de proxectos, co obxectivo de identificar ata 30 potenciais proxectos que se dividan en dúas áreas: a de emprendemento (formación e asesoría para converter unha idea nun negocio), que contemplará formación colectiva, titorías e mentorías individualizadas e masterclass; e a de desenvolvemento (destinado a empresas xa existentes que busquen crear novas liñas de negocio que aporten valor ao destino rural Ourense Termal), que será personalizada, cun total de 20 horas de mentorización por proxecto.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Publicacións Relacionadas