Home Deputacións Deputación Ourense A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco cunha homenaxe a Blandina González Rodríguez

- Anuncio -

Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do Nadal musical da nosa provincia”, tal e como dixo o director de Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez

O bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, agradeceu á Deputación e a Real Banda de Gaitas “a recuperación e posta en valor de fermosas pezas de Nadal que son parte da nosa historia”

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, agradeceu a escolla do seu municipio para este concerto, “pois escoitar á Real Banda de Gaitas impresiona sempre, e máis se é na igrexa de Santa María dos Remedios”

O director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo recordou que dentro da filosofía da Escola Provincial de Gaitas “atópase homenaxear a unha das voces máis importantes de Galicia, a de Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós-Trives”

A igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco acollerá, o vindeiro 27 de decembro a partires das 18.30 horas, o tradicional concerto de Nadal a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Trátase, tal e como o definiu o director da Área de Cultura da institución provincial, Marcos Vázquez, “un dos símbolos indiscutibles do Nadal en Ourense”, transmitíndolle en nome do presidente provincial, Luis Menor, os parabéns aos membros da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, “por levar a cabo un labor encomiable”.

Na presentación deste concerto participaron tamén o bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos; a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela; e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.

Monseñor Leonardo Lemos quixo agradecerlle á Deputación e á Real Banda de Gaitas “a recuperación e posta en valor de fermosas pezas de Nadal que son parte da nosa historia”. Tamén quixo expresar o seu desexo de que “a realidade do Nadal faga medrar en nós a fraternidade que tanta falta fai para sanar o mundo”

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, agradeceu a escolla do seu municipio para este concerto, “pois escoitar á Real Banda de Gaitas impresiona sempre, e máis se é na igrexa de Santa María dos Remedios”.

Pola súa banda, o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, lembrou que dentro da filosofía da Escola Provincial de Gaitas “atópase homenaxear a unha das voces máis importantes de Galicia: a de Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós-Trives”. Foxo tamén recalcou que con este concerto, “Larouco será a capital da música de Galicia” e anunciou que tamén se emitirá por streaming “para transmitir a mensaxe, a alegría e o coñecemento desta importante acción cultural”.

Relacionadas

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

Rafa Domínguez na presentación do libro “Esencia e paixón dunha viaxe” do profesor José...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, xunto co secretario xeral da Lingua,...

A Deputación visita na Estrada a zona na que se executará a nova variante...

0
A deputada Isabel Couselo trasladoulle ao alcalde, Gonzalo Louzao, que a Deputación agarda recibir en breve os informes sectoriais que permitirán asinar o convenio...

Publicacións Relacionadas