HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (5). Concedeu 5 licenzas de obra, para os proxectos de:

  • Construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás
  • Rehabilitación dun edificio para 10 vivendas na rúa Parada Justel
  • Instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Doutor Cabaleiro
  • Instalación dunha plataforma elevadora inclinada para mellorar a accesibilidade no portal dun inmoble na rúa Recanto do Caravel
  • Expediente de legalización e proxecto de reforma dun edificio na rúa Arenteiro

Planeamento urbanístico (1). Aprobou o proxecto de instrumento de ordenación urbanística “Modificación puntual do PXOU de 1986 para o cambio de uso a equipamento sanitario-asistencial de dúas parcelas na zona 1 do SU-50”, na Rúa do Seminario.

Patrimonio (1). Aprobou a regularización física e xurídica de 3 parcelas de titularidade municipal.

Persoal e Recursos Humanos (2).

  • En cumprimento do disposto no Real Decreto-lei 14/2025, de 2 de decembro, polo que se aproba o incremento retributivo do persoal ao servizo do sector público para o ano 2026, acordou incrementar nunha porcentaxe do 1,5 por cento as retribucións do persoal ao servizo da corporación con respecto ás vixentes a 31 de decembro de 2025, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2026
  • Aprobou definitivamente a modificación puntual 3/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT), para a determinación dos postos que se poden prestar en réxime de teletraballo.

Avogacía consistorial (8). Deu conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza e dous autos do Contencioso-Administrativo número 2 e dun decreto do Xulgado do Social. Tamén foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado do Contencioso número 1 nun procedemento ordinario e en 2 abreviados.

Publicacións Relacionadas