HomeOurenseA carreira solidaria da Policía Nacional requirirá pechar ao tráfico varias rúas...

A carreira solidaria da Policía Nacional requirirá pechar ao tráfico varias rúas do centro da cidade o domingo pola mañá

- Anuncio -spot_img

A Carreira Solidaria Ruta 091, que organiza a Policía Nacional, requirirá pechar ao tráfico varias rúas do centro da cidade o domingo, 22 de xuño, pola mañá.

A actividade deportiva consta de 2 categorías: a de persoas adultas comezará ás 9.30 horas, con saída da glorieta da Policía Nacional e percorrido polas rúas Curros Enríquez, Sáenz Díez, Praza de Concepción Arenal, Progreso, Bonhome, Fernández Oxea, Lugo, Villar, Praza da Ferreiría, Cervantes, Barreira, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Parque de San Lázaro e Curros Enriquez, para rematar na glorieta da Policía Nacional.

A carreira das categorías infantil e inclusiva sairá ás 10.45h, con saída e meta na glorieta da Policía Nacional, pasando por Curros Enríquez, Parque de San Lázaro e regreso.

O tráfico pecharase na glorieta da Policía Nacional en dirección á Avenida Otero Pedraio desde as 8.00 horas para a montaxe da meta. Os vehículos procedentes da Ponte Nova en sentido ao centro da cidade desviaranse cara a Curros Enríquez. Os procedentes de Curros Enríquez en sentido de saída da cidade, desviaranse cara a Celso Emilio Ferreiro ou Sáenz Diez. Ás 9.00 horas pecharanse ao tráfico as demais rúas do circuíto, até que remate a carreira.

Os autobuses urbanos sufrirán retencións nos seus percorridos. Ao remate da carreira restablecerase o servizo con normalidade.

Publicacións Relacionadas