HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

Dálle o visto e prace á proposta de incluír os pluses de nocturnidade e festividade nos salarios ordinarios de policías e bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu hoxe pola mañá no salón de plenos

Licenzas (7). A Xunta Local acordou conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto de demolición dun inmoble na rúa Reza; aprobou os proxectos reformados para construír senllas vivendas unifamiliares na rúa Cruceiro, O Cumial-Seixalbo, e estimou a solicitude dunha mercantil de expedición de acto presunto positivo de aprobación do proxecto de execución dun edificio na rúa Camiño Fonte do Monte. Por outra banda, acordou declarar a caducidade de 2 licenzas para adaptar, con cambio de uso, 2 oficinas para vivendas, na rúa Parque de San Lázaro e denegar a licenza para o proxecto de adaptación a vivenda dun local en planta baixa na rúa do Ensino.

Disciplina (1) Declarar en situación de ruína, polo seu mal estado, un inmoble na rúa Ponferrada e acordar a súa demolición.

Patrimonio (3). A xunta de goberno acordou estimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial (unha delas de forma parcial) e desestimar o recurso presentado por un particular en relación a outra que fora desestimada nunha xunta de goberno anterior.

Persoal e Recursos humanos (2) Aprobar a inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do persoal da Policía Local e do servizo de  Bombeiros do Concello de Ourense, dentro do complemento específico dos seus postos de traballo. Deste xeito, as retribucións por estes dous conceptos pasarán a formar parte do salario mensual ordinario dos e das profesionais de ambos os servizos municipais. O acordo publicarase nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Avogacía Consistorial (12). A Xunta de Goberno Local deu conta de dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; dunha sentenza, dun auto e dun decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, e de dúas sentenzas e dun decreto do número 2.

Tamén aprobou rectificar un erro material detectado na acta da xunta de goberno do pasado día 15 de maio, e foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en 3 procedementos abreviados diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2.

Fóra da orde do día (3)

  • Aprobar os expedientes para contratar, por procedemento aberto, os servizos de mantemento da caseta de medición da calidade do aire do Concello de Ourense e de apoio á atención de visitantes do Parque de Montealegre
  • Aprobar as bases reguladoras e a convocatoria do procedemento para outorgar a autorización demanial de ocupación temporal do dominio público municipal, en réxime de concorrencia, con destino á instalación e explotación dunha barra de bar durante as celebracións das Festas de Ourense 2025.

Publicacións Relacionadas