HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (7) Conceder as licenzas para os proxectos de instalación de  ascensores nun edificio de vivendas na rúa dos Mirtos e noutro na rúa José Antonio Moretón; e para os de reforma do portal e substitución do ascensor en dous edificios, na Avenida da Habana e na rúa Faustino Míguez. Na mesma sesión, acordou conceder a licenza de segregación para un predio na planta alta dun inmoble na rúa Arcediagos e rexeitar unha solicitude de innecesariedade de licenza de segregación respecto do trasteiro dunha vivenda na rúa Julio Prieto Nespereira.

Ademais, fóra da orde do día, a xunta local aprobou o proxecto en vía de legalización das obras para a adecuación dun local a bar na planta baixa dun edificio na rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”, esquina con Cardeal Quevedo.

Disciplina (2). Declarar en situación de ruína un inmoble na rúa Ponferrada e aprobar o proxecto de demolición doutro na rúa Hernán Cortés.

Patrimonio (3). Tres reclamacións de responsabilidade patrimonial

Infraestruturas (1). Declarar a urxencia e acordar a tramitación polo procedemento de urxencia do expediente para a contratación por procedemento aberto, pluralidade de criterios de adxudicación do servizo integral para a dixitalización do sistema da auga do municipio de Ourense (PERTE – dixitalización do ciclo da auga) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia cofinanciado pola Unión Europea NextGenerationEU.

Avogacía Consistorial (15) Dar conta de 6 sentenzas, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,  o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, o Xulgado de Primeira Instancia número 1, o Xulgado do Penal número 1 e o Xulgado do Social número 3, e de 2 autos, ditados polo Contencioso-Administrativo número 1 e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ademais, o Concello comparecerá en 7 procedementos diante dos xulgados de Instrución número 3, do Penal número 1, do Social número 4 e do Contencioso-Administrativo números 1 e 2.

Publicacións Relacionadas