A Xunta de Goberno Local desenvolverá o venres a súa sesión ordinaria desta semana, con 25 asuntos na orde do día

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase pasado mañá, venres, día 5 de setembro, ás 8.45 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 25 asuntos na súa orde do día.

Avogacía Consistorial (20). Dará conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza e dous autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1, e dunha sentenza, un auto e un decreto do Contencioso-Administrativo número 2. Ademais, o Concello comparecerá en 12 procedementos diante dos xulgados do contencioso-administrativo número 1 e 2 e nunhas dilixencias previas ante o Xulgado de Instrución número 1.

Licenzas (3). Concesión administrativa demanial para o uso privativo dunha porción da vía pública (7,84 m2) na fachada dun edificio da rúa Eladio Rodríguez coa finalidade de instalar un ascensor; proxecto básico e de execución de troco de uso dun local en planta baixa a vivenda, na rúa Antonio Román; e proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Muiño, Seixalbo.

Patrimonio (1) Unha reclamación de responsabilidade patrimonial

Recursos humanos (1) Oferta de Emprego Público do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2025 en materia de seguridade cidadá, por promoción interna, na que se inclúen tres prazas de sarxento de incendios.

Comparte este artigo