A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 30 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 21 de maio, ás 13:30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 30 expedientes, presentados polos servizos de Licenzas, Contratación, Xestión económica, Asuntos sociais, Educación e Avogacía consistorial.

Licenzas (6). Resolverá as solicitudes de licenzas para reformar unha vivenda unifamiliar na rúa Cima da Vila (Oira); para adaptar un baixo na Avenida da Universidade; para o proxecto modificado de execución dunha vivenda unifamiliar no Camiño de Zaís; e para reformar e adaptar a vivenda e almacén un baixo na rúa Araceli Ancoechea. Tamén tratará un recurso contra un acordo dunha sesión anterior e unha solicitude para declarar que non é necesario dispór de licenza para segregar unha parcela na rúa Marcelo Macías.

Contratación (3). Aprobará, se procede, o expediente para contratar as obras do proxecto de demolición do centro de recursos ambientais de Galicia, en Eirasvedras (Canedo), financiado integramente polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España, cun orzamento base de licitación de 635.842,03 €. Tamén ten previsto aprobar o expediente para a contratación mixta da subministración en réxime de alugueiro e o mantemento integral de varios equipos de impresión, e rectificará un erro material nun acordo dunha sesión anterior.

Xestión económica e orzamentaria (2). Aprobará, se procede, dúas relacións de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.

Asuntos sociais (1). Aprobará unha modificación do Plan Estratréxico de Subvencións 2025/2027.

Educación (1). Aprobará as bases e a convocatoria do Certame Internacional de Cinema Escolar, OUFF Escolar 2026.

Avogacía consistorial (17): Dará conta de diferentes resolucións xudiciais: 4 sentenzas (3 delas ditadas polo Tribunal de Instancia da Seccion de Instruccion da Praza numero 1 de Ourense e outra polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia); e dun auto e dun decreto ditados polo Tribunal de Instancia da Seccion do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense. Ademais, dará conta de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos tribunais de do contencioso administrativo de Ourense en 11 procedementos abreviados.

Comparte este artigo