A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves,5 de novembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 31 propostas de acordo na súa orde do día.
Licenzas (5). Solicitudes de licenzas de obra para os proxectos dun muro de contención e o peche dunha parcela na rúa do Areal; para a rehabilitación e ampliación dun inmoble no Barrio Vello (Bobadela); e para a reforma dun almacén que se transformará en 11 rochos na rúa Doutor Cabaleiro. Tamén tratará a petición de autorización para a segregación dunha parcela na rúa Camiño de Barbadás e a rectificación dun acordo aprobado nunha sesión anterior.
Disciplina (1). Denuncia polo mal estado dun inmoble na rúa García Mosquera.
Patrimonio (3). Expedientes de recuperación de oficio de danos causados por vehículos en elementos do mobiliario urbano na Ponte do Ribeiriño, na rúa Pena Redonda e na Avenida de Santiago.
Rehabilitación (4). Catro subvencións a obras de rehabilitación de inmobles no marco do programa de Axudas de Barrios, Next Generation EU.
Contratación (1). Expediente para contratar o subministro de licenza de programa por usuario, en modalidade de servizo na nube (SaaS), do programa de xestión do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil (SPEISPC) do Concello de Ourense.
Alcaldía (1). Barrado das operacións económicas do expediente de renovación do servizo de mantemento e soporte das licenzas de Oracle, xa que o contrato licitado quedou deserto.
Participación cidadá (2). Convocatoria de subvencións a asociacións de veciños para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal e da Participación Cidadá para o ano 2026. Tamén dará o visto e prace ao Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Participación Cidadá para os anos 2027 a 2029.
Recursos humanos (1). Ampliación da Oferta de Emprego Público correspondente ao exercicio 2026, coa incorporación de seis prazas da Escala de Administración Especial por promoción interna e catorce prazas de Técnico/a de Administración Xeral por acceso libre.
Avogacía consistorial (13). Dará conta de 5 sentenzas do tribunal de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense e dun decreto da Praza número 1. Tamén tratará a desistencia nun recurso de apelación.
Ademais, o Concello comparecerá diante dos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo prazas número 1 e 2 de Ourense, en 4 procedementos abreviados e 1 ordinario; e diante da Sección de Instrución Praza número 3 de Ourense nas dilixencias previas por un caso de danos ocasionados por un vehículo a bens de titularidade municipal.

