A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 28 de maio, ás 13.30 horas, no salón de plenos.
Licenzas (6). Resolverá assolicitudes de licenzas urbanísticas para a adaptación de baixos para o troco de uso a vivenda nas rúas de Marcelo Macías, do Serán, Vasco Díaz Tanco e Velázquez. Así mesmo, analizarase o proxecto de rehabilitación dunha construción existente para o seu uso como garaxe na rúa dos Frades, no núcleo de Souto Sanín, e a primeira ocupación por legalización de usos dunha vivenda tipo dúplex na Avenida da Habana.
Patrimonio (2). Dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial
Contratación (1). Reaxuste das anualidades inicialmente previstas e simultánea adxudicación do contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ourense.
Xestión económica e orzamentaria (1). Relación de facturas do ano 2025 non aprobadas dito exercicio, correspondentes ao Recoñecemento extraxudicial de xréditos XGL 05/2026.
Transportes (1). Axudas directas ao transporte terrestre de viaxeiros. Modificacion na denominacion de título Tarxeta Milenio Estudante engadindo a condición de título Xove.
Avogacía Consistorial (12). Dará conta de 8 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Prazas número 1 e 2 de Ourense. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer e personarse en calidade de demandado diante destes mesmos tribunais en 4 procedementos abreviados.

