HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratará mañá 27 asuntos na súa sesión...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 27 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 27 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 15 de maio, no salón de plenos.

Licenzas (6)

  • Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa dos Mirtos
  • Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución de ascensor nun inmoble na Avenida da Habana
  • Solicitude de licenza de segregación para un predio na planta alta dun inmoble na rúa Arcediagos,
  • Proxecto de mellora da accesibilidade mediante a reforma dun portal e substitución do ascensor nun inmoble na rúa Faustino Míguez
  • Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa José Antonio Moretón
  • Solicitude de innecesariedade de licenza de segregación respecto do trasteiro dunha vivenda na rúa Julio Prieto Nespereira

Disciplina (2). Expedientes de declaración de ruína dun inmoble na rúa Ponferrada e continuación do procedemento de ruína técnica dun inmoble na rúa Hernán Cortés.

Patrimonio (3). Tres reclamacións de responsabilidade patrimonial

Infraestruturas (1). Declaración de urxencia na tramitación do expediente para a contratación por procedemento aberto, pluralidade de criterios de adxudicación do servizo integral para a dixitalización do sistema da auga do municipio de Ourense (PERTE – dixitalización do ciclo da auga)

Avogacía Consistorial (15)

Dar conta de 6 sentenzas, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,  o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, o Xulgado de Primeira Instancia número 1, o Xulgado do Penal número 1 e o Xulgado do Social número 3, e 2 autos, ditados polo Contencioso-Administrativo número 1 e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Ademais, o Concello comparecerá en 7 procedementos diante dos xulgados de Instrución número 3, do Penal número 1, do Social número 4 e do Contencioso-Administrativo números 1 e 2.

Publicacións Relacionadas