Home Valdeorras A Rúa A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas...

A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas en Ribadavia e na Rúa

- Anuncio -

― As tarefas desenvolveranse, concretamente, na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo, e na OU-602 na Rúa


― Continuarán as tarefas xa iniciadas na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada


― Proseguirán os traballos na estrada LU-162, no Valadouro e Foz; e na OU-320, en Sandiás e en Allariz


― A Xunta, desde o ano 2018, investiu 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polos concellos ourensáns de Ribadavia e da Rúa.

Estas tarefas desenvolveranse, concretamente, nas estradas OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo, e na OU-602 na Rúa.

Tamén continuará as actuacións xa iniciadas en pasadas semanas na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios coruñeses de Oleiros, Cambre e Sada.

Ademais, proseguirán os traballos na estrada LU-162, nos municipios lucenses do Valadouro e Foz; ou na LU-751, en Meira e Ribeira de Piquín.

A próxima semana seguirán tamén as tarefas de roza e limpeza en execución nas marxes da OU-121 no Barco de Valdeorras; e na OU-320, en Sandiás e en Allariz.
Control de biomasa
O Goberno galego acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Como novidade nesta nova encomenda, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas