HomeOurenseAs festas de Cabeza de Vaca requirirán pechar ao tráfico un treito...

As festas de Cabeza de Vaca requirirán pechar ao tráfico un treito da rúa Castelo Ramiro o xoves e o venres desde as 17.15h

- Anuncio -spot_img

A Policía Local de informa que as vías alternativas serán as rúas Cabeza de Vaca, Enxido e Gramalleira

A celebración das festas patronais de Cabeza de Vaca requirirá pechar ao tráfico a rúa Castelo Ramiro, desde a rúa Enxido até a estrada de Piñor, pasado mañá, xoves, día 10, e o venres, 11 de xullo, desde as 17.15 horas até que rematen as actuacións musicais e se desmonten os palcos.

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que as vías alternativas de circulación serán a rúa Cabeza de Vaca, para o tráfico que proceda da estrada de Piñor; a rúa Enxido, para o que proveña da rúa Castelo Ramiro, ou a rúa Gramalleira para as persoas residentes.

Publicacións Relacionadas