HomeOurenseO Concello licitará esta fin de semana a explotación da cafetería do...

O Concello licitará esta fin de semana a explotación da cafetería do Xardín Xapónes – “La Pajarera”

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobará na súa sesión de mañá o expediente para adxudicar a concesión

O Concello de Ourense licitará esta fin de semana a explotación da cafetería do Xardín Xaponés, popularmente coñecida como “La Pajarera”, segundo avanzou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O prezo inicial de poxa partirá dos 3.500 euros máis IVE ao mes, cun contrato de 5 anos de duración. Inclúe uns 40 metros cadrados de terraza, ademais do local interior. Os interesados deberán presentar as súas ofertas na plataforma de contratos do estado.

A Xunta de Goberno Local aprobará na súa sesión ordinaria desta semana o expediente para adxudicar, mediante procedemento aberto, a concesión demanial para a explotación destas instalacións. Na reunión, que terá lugar mañá, tratará tamén outros 22 asuntos

Avogacía Consistorial (8) Catro sentenzas e un auto ditados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e unha sentenza do número 2. Ademais, o Concello comparecerá noutros 2 procedementos xudiciais.

Licenzas (5)

• Proxecto básico e de execución de troco de uso de local en planta baixa a vivenda na rúa Monte Seixo

• Proxecto básico e de execución de troco de uso de local en planta baixa a vivenda na rúa Mercado,

• Solicitude de prórroga por seis meses para o inicio das obras de instalación dun ascensor na rúa Ervedelo

• Licenza urbanística para a segregación dun local en dous na planta baixa dun edificio na rúa Sampaio.

• Licenza urbanística de obras en vía de legalización e para o remate de obras de ampliación dunha vivenda unifamiliar nas Barxas, Cudeiro

Patrimonio (4) Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial

Facenda (1) Expediente de modificación orzamentaria 2M/CMD baixo a modalidade de crédito extraordinario

Limpeza (1). Aprobación das bases reguladoras do procedemento para o outorgamento da autorización demanial de ocupación temporal do dominio público municipal, en réxime de concorrencia, con destino á instalación de contedores de recollida selectiva de aceite vexetal usado de orixe doméstico

Educación (1) Convalidar a omisión de fiscalización nunha devolución de ingresos indebidos.

Persoal e recursos humanos (2)

· Modificacións na relación de postos de traballo (RPT) de dous postos de unidades administrativas dependentes da área de Goberno de Obras públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo. Aprobación definitiva.

· Retribucións dos funcionarios públicos. Complemento específico. Modificación da RPT. Inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do Corpo da Policía Local dentro do complemento específico dos postos de traballo. Rectificación de erros aritméticos no acordo que resolve o expediente.

Publicacións Relacionadas