HomeOurenseOurenseAs Festas de Ourense continuarán mañá, venres, coa actuación de Nil Moliner...

As Festas de Ourense continuarán mañá, venres, coa actuación de Nil Moliner e sesión de DJ, nos exteriores do Pavillón dos Remedios

- Anuncio -spot_img

A programación de actividades inclúe mercado medieval, feira do libro, atraccións festivas, xincana de inchables e un torneo de futbolín

As actividades ocasionarán cortes de tráfico nas rúas Pardo de Cela, Ponte Pedriña e Porto Carreiro

As Festas de Ourense 2025 continuarán mañá, venres, 20 de xuño, cunha das citas musicais máis agardadas: o concerto de Nil Moliner, ás 23.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios. A música continuará neste espazo desde as 0.45 h cunha sesión de DJ que se prolongará até as 3.00 da madrugada.

A programación festiva do venres complétase coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro; o mercado medieval, nos exteriores do Pavillón dos Remedios; as atraccións festivas, na zona do Parque Barbaña; e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). Tamén mañá comezará o Torneo de Futbolín Máster de Ourense, exprés na modalidade de tenteo, ás 20.00 h, no anexo do Pavillón.

PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE – VENRES, 20 DE XUÑO

11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h Parque San Lázaro.

Feira do libro de Ourense.

Programa da feira: https://ourense.gal/media/filer_public/15/93/1593f7b9-57b4-44e7-a6e2-898345b86d73/programa_feira_do_libro.pdf 

Tamén se realizarán actividades relacionadas coa reciclaxe: teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e moito máis, nunha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello. Máis información en: 2025-06 residuos tótem copy

11.00 a 00.00 h Exteriores do Pavillón dos Remedios 

Mercado medieval (abrirá todos os días de 11.00 a 00.00 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas de 11.00 a 23.00 h)

Programa do mercado: https://ourense.gal/media/filer_public/51/00/5100545a-7a86-4468-85e2-1a54199523f3/programa_mercado_medieval.pdf

18.00 a 21.00 h Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).

Xincana de inchables.

19.00 a 2.00 h Parque Barbaña.

Atraccións

20.00 h Anexo do Pavillón dos Remedios

Torneo de Futbolín Máster de Ourense Torneo exprés, modalidade tenteo

23.00 a 00.30 h Exteriores do Pavillón dos Remedios

Concerto de Nil Moliner

00.45 a 03.00 h Exteriores Pavillón Remedios

Sesión DJ

Cortes de tráfico

A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico mañá en varias rúas da cidade:

  • Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios),  até o luns, 23 de xuño.
  • Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h.

Toda a información  sobre os cortes de tráfico das Festas en:

As Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde o martes na rúa Pardo de Cela e na contorna do Parque Barbaña

Publicacións Relacionadas