HomeOurenseOurenseAs Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde mañá na rúa...

As Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico desde mañá na rúa Pardo de Cela e na contorna do Parque Barbaña

- Anuncio -spot_img

O mércores pola noite pecharanse a Ponte do Milenio e un treito da N-120 polo espectáculo de drons, e o sábado os accesos a Concepción Arenal desde Sáenz Díez e Habana

As actividades programadas polas Festas de Ourense ocasionarán cortes de tráfico na cidade desde mañá, martes, 17 de xuño, principalmente na rúa Pardo de Cela, onde terán lugar o pregón e a maior parte das actuacións musicais, e na contorna do Parque Barbaña, onde estarán as atraccións festivas. O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé estas medidas:

Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), desde mañá, martes, 17 de xuño, a partir das 9.30 horas, até o luns, 23 de xuño.

Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonde do Bispo. A instalación das atraccións comezará mañá, martes, ás 14.00 horas, e estas vías estarán pechadas ao tráfico o mércores, 18, o xoves, 19 e o venres, 20 a partir das 19.00 h; o sábado 21 e o domingo 22 a partir da 17.00 h, e o luns 23 e martes 24 a partir das 19.00 horas.

Polo espectáculo de drons (mércores, 18), pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenio, a rotonda do acceso centro coa Nacional 120, desviando os vehículos pola rúa Castro Canseco) e a Nacional 120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviando o tráfico por Díaz de la Banda. Estas vías pecharanse o mércores 18 momentos antes das 23.00 h

Pola Verbena dos Oitenta, co Grupo Assia (sábado 21 na Praza de Concepción Arenal), pecharase o tráfico de acceso a esta praza desde as rúas Sáenz Díez e Avenida da Habana desde as 15.00 horas, até que rematen o espectáculo e a desmontaxe.

Publicacións Relacionadas