A actuación do Combo Dominicano, ás 23.00 horas, na rúa Dalí, dará inicio mañá, xoves, día 15 de maio, á programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar as Festas do Couto 2025. Até o luns, 19 de maio, desenvolveranse media ducia de actuacións musicais e unha exhibición de drons, ademais da presenza das tradicionais barracas festivas, entre outras propostas para todo tipo de públicos.
O programa prevé estas citas:
- Xoves, 15 de maio, ás 23.00 h: Combo Dominicano
- Venres, 16 de maio, ás 23.00 h: Cuarta Calle
- Sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas, 3 espectáculos:
-
- Concerto de Luar na Lubre (20.00 a 22.00 h),
-
- Gran espectáculo de drons (23.30 h)
-
- Actuación da orquestra Horizon the show, de 00.00 a 03.00 h.
- Domingo, 18 de maio, ás 20.00 h: Orquestra Cinema
- Luns, 19 de maio: Día do neno, coas atraccións das barracas festivas á metade de prezo.
As festas ocasionarán tamén cortes de tráfico en varias rúas do barrio.
Máis información en: https://ourense.gal/gl/actualidad/as-festas-do-couto-ocasionaran-cortes-de-trafico-desde-o-xoves-15-en-varias-ruas-do-barrio