Francisco Diéguez: ‘‘A soidade non desexada non se combate con anuncios nin con actividades illadas. Cómpre unha resposta pública planificada, con recursos e capacidade para chegar a quen máis o necesita’’
A formación rexistrou unha iniciativa ante a Deputación coma o Concello de Ourense para impulsar un plan municipal de prevención, detección e acompañamento das persoas que sofren soidade non desexada.
Avante Ourense continúa a converter o documento ‘’Ourense merece máis’’ nunha folla de ruta con propostas concretas e actuación institucional. Nesta ocasión, a formación rexistrou ante o Concello unha iniciativa para reclamar a elaboración e posta en marcha dun plan municipal contra a soidade non desexada.
A iniciativa trasladouse tanto ao Concello de Ourense como á Deputación Provincial, co obxectivo de promover unha resposta coordinada fronte á soidade non desexada. Avante Ourense considera fundamental que ambas as administracións actúen no ámbito das súas competencias para reforzar a prevención, o acompañamento e o apoio ás persoas afectadas, tanto na cidade como no conxunto da provincia.
A proposta aposta por reforzar a detección temperá, o acompañamento ás persoas afectadas e a coordinación dos servizos sociais e dos recursos comunitarios, garantindo medios suficientes e unha atención continuada que respecte a autonomía e a vontade de cada persoa.
Diéguez salienta tamén que esta iniciativa forma parte do compromiso de Avante coa aplicación de ‘’Ourense merece máis’’: ‘’Non nos limitamos a presentar propostas: levámolas ante as administracións, rexistramos iniciativas e reclamamos respostas. Queremos que este documento se traduza en melloras reais para a veciñanza, non que quede nun caixón’’.
Avante Ourense insta a ambas administracións a estudar e impulsar esta medida, establecer obxectivos concretos e avaliar os resultados. A formación continuará desenvolvendo novas iniciativas e facendo seguimento da actuación municipal para que as necesidades da cidade se convertan en prioridades políticas. Porque Ourense merece máis, Avante non se queda nas palabras: propón, actúa e esixe respostas.

