Home Ourense Baixa Limia En Leiro e Bande, o presidente provincial do Partido Popular, Luis Menor,...

En Leiro e Bande, o presidente provincial do Partido Popular, Luis Menor, sinalou ao termalismo e ao viño como dous dos sectores económicos estratéxicos da provincia de Ourense “que deben afianzarse cun novo Goberno do PP en Galicia” Elena Rivo

- Anuncio -

Elena Rivo: “O único partido que ten capacidade e vontade para atender as necesidades dos ourensáns é o PP, e así o vén demostrando desde o Goberno da Xunta”

· Na capital comarcal de Baixa Limia, a cabeza de lista popular, Elena Rivo, lembrou que o Goberno galego leva investidos nos últimos anos máis de 5 M€ en políticas de igualdade, de promoción do emprego e de formación laboral. En breve, o concello formará parte do polo de emprendemento que abrirá en Baños de Molgas, que ofrecerá axuda e asesoramento gratuíto aos emprendedores. Porque un rural no que se emprende, no que se inviste e no que se traballa é un rural dinámico no que paga a pena vivir.

· “Da conexión da AG-31 con Portugal para mellorar a comunicación entre España e o país veciño, nada se sabe. Non está entre as prioridades do Goberno central, por suposto. Non é a fronteira con Portugal a que lle preocupa a Pedro Sánchez, más interesado nas imaxinarias fronteiras entre España e Cataluña que esixen os que están a mantelo no poder”, explicou en Bande a número 1 da candidatura do PP en Ourense.

· Elena Rivo deixou claro que “fronte ás mentiras e os agasallos envelenados dalgúns, o único partido que ten capacidade e vontade para atender as necesidades dos ourensáns é o Partido Popular, e así o vén demostrando desde o Goberno da Xunta de Galicia”.

José González

· En Leiro, o número 3 da candidatura popular, José González, manifestou que “por suposto, seguiremos incentivando a actividade agraria. Aquí, en concreto, no Ribeiro, continuaremos facilitando a viticultura, que é polo que nos coñecen no resto do mundo: polos nosos viños de calidade extraordinaria. E para iso ofrecemos solucións:: impulsando beneficios fiscais á actividade como por exemplo a rebaixa do IRPF, ou non tributar por determinadas operacións”.

· “Aumentaremos ata o límite máximo legal a porcentaxe de axudas que concede a Administración autonómica para os seguros agrarios. Somos conscientes das particularidades e riscos que teñen os viticultores, e queremos correr nós con eles. Para que vós, só vos teñades que preocupar de continuar facendo uns viños de calidade”, anunciou José González.

· “En apoio ao sector vitivinícola, cómpre destacar que volvemos aumentar a contía destinada á mellora da elaboración e comercialización, reestruturación de viñedos e medidas de promoción en terceiros países, que conta, neste ano, cun orzamento conxunto de 9 millóns de euros”, lembrou González en Leiro.

Luis Menor

· Luis Menor, que puxo en valor ao Termalismo e Vitinicultura como sectores económicos estratéxicos na provincia, destacou que con iniciativas deste tipo corrobórase que Galicia é un destino turístico sustentable, que ten nos seus recursos naturais un dos seus principais atractivos, e contribúese a afianzar a provincia como capital termal da Comunidade; engadindo que a maior concentración de augas termais de Galicia localízase nas comarcas de Ourense, O Carballiño, O Ribeiro e na Baixa Limia.

· Menor recalcou que “logo do vivido onte na praza de touros de Pontevedra, “esta campaña electoral só pode rematar dunha maneira: ofrecendo o apoio incontestable dos ourensáns á candidatura de Alfonso Rueda á presidencia da Xunta e darlle a súa primeira maioría absoluta”.

· “A maioría absoluta é un obxectivo perfectamente alcanzable e podemos facelo, con traballo, con compromiso e con ilusión, porque estou a ver un partido, o Partido Popular de Ourense, que está mobilizado”, proclamou.

· “O importante das enquisas é que son a foto fixa dun momento determinado. A verdeira enquisa é a do 18 de febreiro, na que estamos a traballar para encher as urnas coas papeletas que fan que Galicia funcione, as do PP”, dixo Menor.

Relacionadas

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo...

0
Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo Pérez Jacome por suprimir as roldas de prensa.Desde Podemos Ourense...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

Publicacións Relacionadas