Home Ourense O Carballiño I Concurso de Postais "Nadal Porta a Porta" do concello de Piñor

I Concurso de Postais “Nadal Porta a Porta” do concello de Piñor

- Anuncio -

Dende o Concello de Piñor infórmase da posta en marcha dunha iniciativa totalmente innovadora, destinada a fomentar o respecto e coidado ás persoas maiores, nunha época do ano tan importante como é o Nadal.

O Programa de Educación e Apoio á Familia municipal, financiado con Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Xuventude, organiza esta actividade destinada a achegar os bos desexos para o Nadal a cada casa, a cada porta, sobre todo no caso das persoas maiores, que moitas veces no rural viven soas e illadas. Ademais, temos que ter en conta que o vínculo entre maiores e cativos no rural é moi plausible, sendo moitos os proxenitores que dependen da figura do avó/avoa en temas de conciliación, sendo un rol que é moi importante reforzar e destacar ante os menores, dándolle a importancia que require. Co I CONCURSO DE POSTAIS “NADAL PORTA A PORTA” preténdese obter unha postal que sexa a felicitación oficial do Concello de Piñor para chegar a cada casa, procurando que entre o Nadal en cada porta e, sobre todo, que as nosas persoas maiores se sintan acompañadas nunha época do ano tan importante coma esta. Implicando ós nenos e nenas nesta tarefa, procuramos fomentar na nosa infancia o respecto e coidado dos nosos maiores, axudándolles a producir un sorriso neste Nadal.

Os nenos e nenas interesados en participar nesta iniciativa, deben ter entre 6 e 16 anos de idade, e presentar o seu debuxo/postal no Concello de Piñor dende o 1 ó 11 de decembro ás 14h. As bases que rexen o concurso están publicadas na Sede Electrónica e nas redes sociais do concello, sendo as seguintes:
1- Poderán participar nenos e nenas de entre 6 a 16 anos de idade. Os traballos deberán ser debuxos que versen sobre o Nadal.
2- Os traballos deberán ter tamaño medio folio A4, en orientación vertical ou horizontal, de forma indistinta. Non poden levar datos persoais da súa autoría.
3- Soamente se admitirá un traballo por participante. Deberán entregarse no Concello de Piñor, nun sobre pechado, no cal se deberá introducir:

  • A postal/traballo realizado.
  • Outro sobre pechado cos datos persoais do/a autor/a no seu interior: Nome, apelidos, idade, poboación e teléfono de contacto.
    4- O prazo de entrega dos traballos será dende o 1 ó 11 de decembro ás 14:00. O lugar de entrega é Servizos Sociais do Concello de Piñor.
    5- O Xurado estará composto por membros do equipo de goberno e persoal municipal vinculados coa temática do concurso: Alcalde, Concelleira de Servizos Sociais e departamento de Servizos Sociais. Valorarán dous aspectos: orixinalidade e calidade artística, de 0 a 10 puntos. O debuxo máis votado será o empregado como postal oficial do NADAL PORTA A PORTA do Concello de Piñor. En caso de empate escollerase o debuxo do participante de menor idade.
    6- O traballo gañador será publicado no Facebook do Concello o día 13 de decembro.
    7- A participación neste concurso supón a aceptación de tódalas súas bases así como da interpretación que das mesmas efectúe o Xurado.
  • Esperamos a máxima participación nunha iniciativa tan especial, interxeneracional, solidaria e educativa. Máis información en Servizos Sociais.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana que tivo lugar este mediodía no...

0
Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”, tal e como a define o presidente provincial, Luis Menor Vilanova...

Máis de 200 deportistas de toda España e Portugal disputarán a cuarta edición da...

0
Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase este domingo, 12...

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

Publicacións Relacionadas