Juan Carlos Fernández Fasero, novo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local acordou este mediodía nomear director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense a Juan Carlos Fernández Fasero, por cumprir cos requisitos establecidos nas bases do proceso selectivo promovido polo Concello para a provisión, polo sistema de libre designación, deste posto, e resultar a persoa máis idónea entre as que se presentaron como candidatas. O nomeamento será efectivo desde a toma de posesión.

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Juan Carlos Fernández Fasero foi director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) desde xullo de 2009 até outubro de 2012 e desde hai once anos traballa na SGAE (Sociedad General de Autores y Editores), primeiro como director de Zona Noroeste, despois como director de comunicación pública e rede territorial e posteriormente como director comercial.

Na súa sesión ordinaria desta semana, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou conceder dúas licenzas urbanísticas, para o proxecto básico de rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa Pena do Vao, e para o proxecto de instalación dun ascensor nun edificio da rúa Parada Justel

Comparte este artigo